24 DE XULLO DE 2021

safe_image.jpeg

Xa podemos anunciar a publicación científica do documento filmado nas turbeiras activas de montaña das serras da Dorsal Galega.

A revista científica ENTOMOLOGICAL SCIENCE acaba de publicar o noso artigo sobre o acto depredativo da larva e do adulto do escaravello Dytiscus marginalis sobre o anfibio Tritón ibérico, Lissotriton boscai, que puidemos filmar en dúas turbeiras activas de montaña. Concretamente na serra de Montouto (Fontefría) e na serra do Suído, dentro do límite municipal do Concello de Covelo en Pontevedra.

Aínda que xa era coñecida a actividade depredadora do Dytuscys sobre a fauna acuática, este evento é a primeira vez que se filma e se rexistra na natureza. 

Field observation of hunting behavior by larva and adult of diving beetle Dytiscus marginalis Linnaeus, 1758 preying on Lissotriton boscai (Lataste, 1879), é o título do artigo que podedes descargar completo no seguinte enlace:

https://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/ens.12481

O enlace para visualizar a filmación o tedes xusto debaixo:

https://youtu.be/dul68y_X6rs

NOVA 
CIENTÍFICA
NAS
TURBEIRAS

14 DE ABRIL DE 2021

_V5A9427_edited.jpg

MÁIS INFO

Xa temos listas alegacións aos proxectos eólicos de:

P.E. de SUÍDO

P.E. de ALTO DO CEO

 

O P.E. de SUÍDO no centro oeste da serra do Suído, e o P.E. de ALTO DO CEO con 2 aeroxeradores nos arredores da Franqueira, na serra de Montouto-Paradanta. Claras segregacións de parque eólicos que se solapan, como son o P.E. de COTO DAS AIRAS e o P.E. de MONTOUTO.

Para facer as alegacións deberedes acudir a web da Xunta de Galicia e cubrir o caixón de alegacións que toparedes pinchando aquí.

As datas límite son:

14 de abril para o P.E. de ALTO DO CEO e o 20 de abril para o P.E. de SUÍDO.

ALEGACIÓNS 

parques eólicos

SUÍDO e ALTO DO CEO

Observación:

Se os enlaces non funcionan, pode que xa rematara o prazo de alegacións. Podes porte en contacto con nós se necesitas información detallado do proceso.

23 DE MARZO DE 2021

_V5A5720_edited_edited.jpg

MÁIS INFO

Xa temos listas alegacións aos proxectos eólicos de:

P.E. de PUZA

P.E. de COTO REDONDO

 

Estes dous PP.EE. están enclavados na Serra do Suído. O P.E. de PUZA na estribación noreste da serra, mentres que o P.E. de Coto Redondo afecta a vertente centro sureste. De novo a afectación destes PP.EE. son gravísimas, sobre o patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico.

Deixamos aquí o enlace aos documentos de alegacións con instruccións de onde teñen que ser enviadas. Agardamos que teñan efecto e estos dous parques sexan avaliados negativamente, polo ben das nosas montañas e o legado patrimonial que nelas se atopa. A data límite é do 5 de abril de 2021.

ALEGACIÓNS 

parques eólicos PUZA e COTO REDONDO

Observación:

Se os enlaces non funcionan, pode que xa rematara o prazo de alegacións. Podes porte en contacto con nós se necesitas información detallado do proceso.

17 DE FEBREIRO DE 2021

cabecera_edited.jpg

MÁIS INFO

Xa temos listas alegacións ao proxecto do Parque Eólico de MANCELO.

Este PE está situado na Parroquia de San Salvador de Prado, en Covelo (Pontevedra). Concretamente no Monte Mancelo que se atopa entre a subida A Xestosa e a estrada PO-9304 cara Avión.

A afectación de este PE é clara, afectando a patrimonio arqueolóxico das 3 mamoas que o Monte Macelos ten, os danos por arrastre sobre o cunca alta do río Tea e a destrucción dunha conformación xeolóxica do filón pegmatítico que chega dende Forcarei, entre outras perturbacións.

O dano deste PE non se limita só a situación das turbinas senó que a evaciación do PE percorre un amplo espazo ata o alto de Moncelos e Fontefría.

ALEGACIÓNS 

parque eólico MANCELO

Para facer as alegacións deberedes acudir a web da Xunta de Galicia e cubrir o caixón de alegacións que toparedes pinchando aquí.

Observación:

Se os enlaces non funcionan, pode que xa rematara o prazo de alegacións. Podes porte en contacto con nós se necesitas información detallado do proceso.

7 DE XANEIRO DE 2021

MÁIS INFO

No día 7 de xaneiro de 2021 o diario FARO DE VIGO faise eco do noso alumbramento no apartado que recolle ó Condado. 

Na nota de prensa se mostra a nosa intención de reunir diversas propostas de acción. Estudos científicos, vixilancia ambiental, coidado do patrimonio etnográfico, arqueolóxico e documental.

E, por desgraza, a defensa dun territorio maravilloso que está ameazado por os proxectos mineiros e eólicos quen se cernen sobre as serras e vales do Sur da Dorsal Galega.

Na fotografía que acompaña, o detalle das Orballiñas (Drosera intermedia) presente nas turbeiras de montaña do Sur da Dorsal Galega.

Nota de prensa 

sobre GESDOGAL

13 DE DECEMBRO DE 2020

MÁIS INFO

ED9E8D44-B63D-40FF-8673-16F763D320A0_1_2

Nace o Grupo

de Estudos do Sur da 

Dorsal Galega

Neste comezo de ano 2021, un grupo de investigadores, profesionais e personas adicadas a conservación e protección do patrimonio natural, cultural e histórico se agrupan para xuntar os seus esforzos en prol do coñecemento e defensa dun territorio privilexiado en riqueza natural e etnográfica pero fortemente ameazado por proxectos degradativos que petrenden transformar e destruir para sempre a paixase, a historia e as costumes dos seus poboadores.

Ao sur da Dorsal Galega, entre as provincias galegas de Pontevedra e Ourense, elévanse as serras e fenden os río máis antigos da Península Ibérica. A serra do Suído, os Montes de Alén, a serra do Faro de Avión, a serra de Montouto e Parandanta e ríos tan importantes para a vida como o Tea, Alén, Xesta (Oitavén), Avia.